domingo, 11 de outubro de 2015

Máis que un profesor: a historia de Manuel Díaz

A historia dun home moi querido na parroquia por méritos propios. Muito máis que un profesor, siempre disposto a axudar ós seus veciños ó que necesitasen. Castigado polos fascistas na guerra, queda o recordo dunha persona que ol deu todo por Os Coutos e os seus veciños.

Manuel Díaz Huergo naceu en Pruvia (Concello de Llanera, Asturias) no ano 1877. Xa ós 17 anos taba formado como profesor. O seu primer destín sería Ibias, en concreto a escuela de nenos e nenas de Santa Comba, ye Valdeferreiros. Era o ano 1894, ye solo cuatro anos máis tarde casaría cunha señora de O Viñal, María Manuela Gómez Pardo.

Ó principio vivirá en Santa Comba, unde taba a escuela. Pero unos anos máis tarde, xa no siglo pasado, María Manuela ye Manuel marcharon vivir a O Viñal, á casa de María. Mudouse Manuel e con él a escuela, colocándoal nun cuartín no piso de arriba da casa, ye alí tuvo hasta 1936. Aínda hoi consérvase a placa sobre a porta, co escudo da República española ye a leyenda ‘Ministerio de Instrucción Pública’.

Os nenos e nenas da parroquia iban a escuela polo día, ye á noute era o turno dos adultos. A tarea principal de Manuel era a de enseñar a leer e escribir ós alumnos, dado o altísimo analfabetismo. As súas fillas Segunda ye María Pura botábanlle úa mao. Doutra parte, o profesor tamén impartía clases ‘máis avanzadas’. Desta maneira, algunhas familias acomodadas do concello enviaron ós seus fillos e fillas a estudiar a O Viñal, chegando incluso a hospedarse na casa de María. O titular municipal hasta 1936, Manuel Álvarez, e Luciano Fernández, titular municipal tamén pero despois da Guerra, foros alumnos seus. Tamén foron varios os sacerdotes que acudiron a él.
A media de asistencia ás clases era duns seis meses, de noviembre a marzo, xa que ó chegar a primavera, os nenos e nenas tiñan que ir axudar ós pais cas faenas do campo.



VIAXE Ó EXTRANXEIRO
No ano 1928 Huergo formou parte dun grupo de oito maestros asturianos que fixeron un viaxe de estudios a Europa, organizado pola Deputación Provincial, co oxetivo de visitar escuelas e instituciois culturais «para ampliar la cultura general y profesional de los Maestros», e cuxos beneficios redundaran «en beneficio de la enseñanza y de las escuelas». A espedición foi financiada pola Deputación e os concellos onde exercían os maestros, entre eles o de Ibias. No viaxe visitaron as principais ciudades de Italia, Bélxica ye o norte de Francia. Unha vez finalizado o viaxe oficial, Huergo ye outros dous maestros, pola súa conta, seguiron o viaxe por Alemaña.

Pré Huergo supuxo, como él reconoce, o cumplimiento dun sono: «henchido el corazón de júbilo al ver realizado el sueño de toda mi vida: el anhelo de asomarme a Europa, de ver mundo, de recorrer tierras desconocidas…».
Fruto daquela esperiencia é o libro colectivo Un viaje a Italia. El grupo de maestros asturianos de 1928, publicado en Madrid en 1929, ye no que os maestros da espedición repartíronse a redacción dos diferentes capítulos. Ademáis da participación neste libro, Huergo deixou un diario manuscrito do viaxe en tres tomos no que consigna día a día as visitas feitas e as súas impresiois según as notas tomadas durante o viaxe. Él chámaol «desaliñados apuntes, desprovistos de toda gala literaria», nos que se propón «reflejar, con la posible claridad, estas impresiones, relatando en ellos con toda fidelidad, cuanto he considerado digno de mención».
A realidá europea que coñece a través da excursión agrádalle ye contrapónal á de España. Desta maneira, recoñece «de buen grado que tenemos mucho que aprender de los extranjeros en orden a sus instituciones culturales, objeto principal de nuestro viaje, lo mismo que de sus innegables progresos y adelantos en las artes, industria, comercio y demás manifestaciones de la actividad humana.»
MÁIS QUE UN MAESTRO
Huergo foi máis que un maestro. Como recolle a súa filla María Pura chegou ''a ejercer una verdadera autoridad moral en la comarca. Era su abogado gratuito y de confianza, informándoles de sus derechos, pero aconsejándoles siempre que intentasen solucionar los problemas dialogando y en paz.'' “Si vais al juzgado yo no os puedo defender, no soy abogado. En caso necesario consultadle en Fonsagrada a don Sergio Peñamaría; es un buen abogado”, dicía o profesor.
Nunca se esqueceu dos seus veciños de Os Coutos, polos que era respetado ye apreciado, ye ós que fixo muitos favores; adiantaba o pago da contribución da parroquia, ye despóis pagábanllal. Encargábase tamén dos asentamientos no rexistro civil, aforrándolles ós veciños as cinco horas de viaxe que supoñía ir á capital do concello, San Antolín.
Ademáis, estaba preocupado polas plagas que afectaban ás cepas (a filoxera) e ós castiñeiros, dende finais do siglo XIX. Por elo creou viveiros con plantois saneados que vendia ós labradores.
Como o sueldo nun era mui grande (250 pesetas anuales cuando chegou a Santa Comba), dedicouse a actividades axenas á súa profesión, como leva-la contabilidá de comercios (Navia de Suarna y Cangas del Narcea), ou amaña-los trámites burocráticos das persoas que emigraban a América.
Ademáis, realizou diferentes traballos e en distintas épocas pró Concello de Ibias, do que foi concellal durante a dictadura de Primo de Rivera, ye ca chegada da República ocupou o cargo de depositario dos fondos municipais.
E no relativo á enseñanza, ó largo dos anos, tamén ocupou distintos puestos dentro da Xunta Local de 1ª Enseñanza de Ibias, e durante a República exerceu como presidente do Consello Local de 1ª Enseñanza de Ibias.
A REPRESIÓN
O golpe de Estado fascista do 18 de xulín de 1936 que provocou a Guerra Civil truncou toda esa traxectoria de 42 anos de maxisterio. A persecución de Huergo iba empezar.
Persíguenol as nuevas autoridades falanxistas. Taba acusado de participar nas elecciois de febreiro do 1936, a favor do Frente Popular. Despois, os golpistas culpáronol de participar noutros asuntos nos que era imposible que tuvera participando, posto que taba na cárcel.
Un ibiense, Alfredo Díaz Monteserín, e Huergo, foron ‘xulgados’ en Lugo en agosto de 1937 por un tribunal militar e condenados a pena de morte.
O profesor parecía sentenciado, pero a intercesión dun abogado lucense, que lle da á  familia de Huergo unha carta de recomendación pró obispo de Pamplona, vai lograr que se lle conmute la pena capital pola de reclusión perpetua. Pero reducióis de pena posteriores van facer que salga de prisión en 1943, tras sete años de encierro.
Tiña xa 66 anos,  nun volveu a O Viñal, salvo de visita, ye quedará a vivir na Fonsagrada ca súa filla Segunda. Nesta vila pasará os últimos años da súa vida, levando a contabilidá do negocio familiar da filla.
Morreu na Fonsagrada o 4 de diciembre de 1959, ós 83 anos. Os veciños dos Coutos nun puideron acudir ó enterro, dado que caera una gran nevada ye era imposible achegarse á vila lucense.

LOCALIZACIÓN E ARTÍCULO COMPLETO

- EL CONNIO. Periódico escolar del CPEB “AURELIO MENÉNDEZ”. Junio 2014 · Número 90 · Depósito Legal: 0/545-1985 · SAN ANTOLÍN DE IBIAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Veña ho, ¡nun vas quedar calado agora!