A perda de población nas últimas décadas é evidente en todo o territorio asturiano, especialmente no medio rural, e a nosa parroquia, como era de esperar, sigue o mismo camín. Xa pasaron décadas dende que o habitual era ver unha chea de nenas e nenos enredando polas aldeas.
As últimas xeneraciois marcharon buscando traballo cara ás ciudades xa fai máis de trinta anos, e dende aquela o censo parroquial nun fixo máis que baixar. Quedaron mamá e papá pra uns, os abuelos pra outros, ós que visitamos sempre que é posible. Tamén quedou a morriña.
Fuente: SADEI (Sociedad Asturiana de Estudios Económicos e Industriales) |
Como apreciamos na gráfica, en sólo quince anos o número de habitantes baixou en 58 personas. Ou o que é o mismo, queda a mitá de xente dos que había no ano 2001. Alarmante. Décadas de caída poblacional, á que nun se intenta poñer remedio nin dende a administración autonómica nin estatal.
As aldeas morren. Levan máis de tres décadas morrendo. Son os nosos abuelos e abuelas as que mantéin con vida muitas das que quedan en pé. Xa casi nun queda terra traballada, o monte come todo sin control ningún.
Se a perda de población sigue o ritmo que leva pouco tempo nos vai quedar. Quedamos os fillos e netos dos últimos aldeanos, que frecuentamos por alí, queda a casa ye algún que outro camín limpio.
Algo haberá que facer logo, ¿ou?
Palleira xa sin uso en Parada. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Veña ho, ¡nun vas quedar calado agora!