luns, 24 de novembro de 2014

O magosto

Como xa sabréis, tamos a piques de acabar co tempo do magosto, a temporada das castañas. Que nun sei se o sabréis, pero antes da chegada da pataca a Europa, comíanse castañas como hoi día comemo-las patacas.



Daquela, nos meus años mozos, na época de magosto, poñíamonos as botas. Vouvos cuntar cómo.

Ben, cuando subíamos ó monte cas vacas, os veciños da alcea aproveitábamos prá soutar (recolle-las castañas, pró que nun o sepa). Cuando deixábamo-lo ganado, xuntábamonos os 'pastores'. Collíamos leña seca caída, que depóis aproveitaríamos. E o máis importante, soutábamos. Chega-la hora de asa-las castañas. Botámabolas a ras de suelo, ye facíamos lume encima de elas coa leña que recolléramos antes. Cada pouco removíamolas prá que nun queimasen, ye en media hora máis ou menos xa taban feitas, ben asadiñas, ¡listas prá metelas no corpo!

                                         Castañas asándose.

Pero nun sólo comíamos castañas no monte cuando andábamos cas vacas, senon que na casa tamén poníamonos finos a elas. Algún día, subíamos ó monte espresamente a soutar, e baixábamos un saco cheo de elas a casa. Metíanse nún tambor prá asalas, e prendíase lume no suelo, na cuadra ou na cociña antigua. Dábamoslle voltas sen parar ó tambor prá que nun queimasen, hasta que tuveran ben asadas.

                                         Tambor típico d'asar castañas.

¡E vaya festa! Xuntábamonos os veciños da aldea, ye comíamolas acompañadas de viño novo, da uva do ano. ¡E xa quedábamos cenados!
Por outro lado, nun sólo as comíamos asadas. Á mañá, algüis días tamén as cocíamos e ¡xa tíñamos desayuno!
Qué tempos aqueles, ¡qué ben o pasábamos con pouco!


Carlos Arias

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Veña ho, ¡nun vas quedar calado agora!