sábado, 28 de marzo de 2015

Os Coutos na historia


Históricamente, a nosa parroquia formóu parte do señorío de Ibias, que o séu titular, García Fernández de Ibias, deixou en herencia á súa filla Aldonza.
En 1385, xunto ca parroquia de Sena, a entonces parroquia de Santa Columba del Coto pertenecía ó arciprestazgo do Castil de Navia de Suarna, no arcedianato de Ribadeo, que era o máis occidental do Obispado de Oviedo. No ano 1521, o coto de Santa Comba ye o señorío de Sena pertenecían á familia dos Ribera. Entre os coutos e os pueblos que en 1578 eran señorío, figura a xurisdicción de Santa Comba, que pasou pola Real Orden de 18 de xaneiro de 1626 a incorporarse, xunto con outras xurisdiciois, ó concello de Ibias.
En 1695, o coto de Santa Comba, xunto con outros seis do concello de Ibias, taba libre de xurisdición do correxidor, sendo os seus amos ós que nomaban ós alcaldes mayores. Este coto a mediados do siglo XVIII era señorío por mitá de don Manuel Joaquín Pardo y Andrade, vecín de Virigo, concello de Navia de Suarna (Lugo), e de don Nicolás Sarmiento, aínda que dende 1710 os dereitos de señorío deixaron de pagarse por cuenta do embargo ordenado polo comisionado da 'Junta de Incorporación', don Antonio José Cepeda. Os diezmos e primicias, prá pagar en especie, partiánse en tres partes: unha al percibía o cura de Mosteiro, e as outras dous don Mannuel Joaquín Pardo e don Nicolás Sarmiento. Da aldea de Parada, cobraba a mitá dos diezmos o cura párroco de Mosteiro, que tamén cobraba a totalidá do diezmo de A Legúa ye Vilaselande.
A parroquia de Os Coutos tiña por aquela unos 206 habitantes, e unha extensión de 1988 fanegas de semadura, das que as terras de labranza ocupaban 263 fanegas. Destas terras do coto, 18 días de bois eran de producción de centeo, trigo, fabas e maís; as outras 245 fanegas producían centeo en anos alternativos, con ún de descanso. As viñas tiñan unha superficie de 8 fanegas e 3 ferrados. A extensión dedicada ós castañeiros con amo era de 30 fanegas. As terras bravas ou montes de cavada ocupaban 100 fanegas. O resto, 1571 fanegas e 3 ferrados, eran espacios comunais de mato, uces e penas.
En 1812 suprimiéronse os señoríos xurisdicionais, entre eles tamén o de Santa Comba, e creáronse os concellos constitucionais.
En 1820 a parroquia de Os Coutos, como o resto das parroquias de Ibias, foi incorporada ó partido xudicial de Grandas de Salime, pasando máis tarde ó partido xudicial de Cangas del Narcea, unde sigue hoi.
Nas Ordenanzas del Coto de Santa Comba, do ano 1837, atopamos algunhas disposiciois sobre policía rural, como a regulación da xunta de veciños, o amaño das pontes, camiños, e o aproveitamiento ye a conservación de montes.

                                                  Homes co ganado, O Viñal. Fotografía tomada de 'Galería do CPI Doutor Daniel Monje-Navia'.

TEXTO DE: 'Conceyu d'Ibias: parroquia d'Os Coutos.' de Xesús López Pacios

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Veña ho, ¡nun vas quedar calado agora!